Actividade obrigatoria: Engadindo páxinas mestras e recollendo

Engadindo páxinas mestras e recollendo

Nesta actividade trátase de crear completar a actividade obrigatoria de Unidade Formativa 2. O obxectivo é lograr un documento completo, incluídas as Páxinas mestras.

Polo tanto, partindo do documento *.sla entregado na UF2, engadir:

  • Tres Páxinas Mestras:

    • Primeira: Onde vai a primeira páxina dun artigo. Debe incluír a liña horizontal do pe de páxina.

      • Na cabeceira: O logotipo da revista no centro (elixir calquera imaxe ou logo que che pareza).

      • No pé de páxina: O número de páxina no centro.

    • Esquerda: As páxinas que van a lado esquerdo da revista. Debe incluír a liña horizontal tanto a superior como a inferior.

      • Na cabeceira: Do lado esquerdo, o nome da revista (por exemplo, “Edición dixital”) e do lado dereito o enderezo web (por exemplo, “www.edicion-dixital.gal”).

      • No pé de páxina: O número da páxina ao lado esquerdo.

    • Dereita: As páxinas que van a lado esquerdo da revista. Debe incluír a liña horizontal tanto a superior como a inferior.

      • Na cabeceira: Do lado dereito, o nome da revista (por exemplo, “Edición dixital”) e do lado esquerdo o enderezo web (por exemplo, “www.edicion-dixital.gal”).

      • No pé de páxina: O número da páxina ao lado dereito.

O documento final debe ter polo menos 3 páxinas (pode ter máis), tendo aplicada a cada unha das páxinas unha das páxinas mestras anteriores. Cada páxina mestra comentadas antes debe estar aplicada polo menos unha vez.

Na terceira páxina debe engadirse unha imaxe a vosa elección, que non debe ser incorporada.

Gardar o documento con nome act4obri_apelido1_apelido2_nome.sla (cambiando claro está apelido1 polo voso primeiro apelido, apelido2 polo voso segundo apelido e nome polo voso nome)

Por último, Recoller para saída o documento incluído as tipografías. Comprimir o cartafol onde se recolleu para saída en formato zip co nome act4obri_apelido1_apelido2_nome.zip (cambiando claro está apelido1 polo voso primeiro apelido, apelido2 polo voso segundo apelido e nome polo voso nome). Importante que leve o nome tal como se indica. Asegurarse que no zip estean os ficheiro *.sla e a/s imaxe/s non incorporada/s.

Finalmente anexar o ficheiro a esta actividade.

Podedes facer calquera pregunta ou comentario no cadro de texto da entrega. Non esquecerse de anexar o ficheiro act4obri_apelido1_apelido2_nome.zip.