Actividade obrigatoria: Formulario PDF

Formulario PDF de recompilación de información

Nesta actividade trátase de crear un formulario de recollida de información para a inscrición en cursos. O obxectivo é lograr un resultado en PDF o máis parecido a seguinte imaxe.

Captura do formulario desexado

Como se pode observar, é un formulario dunha única páxina, onde se poden atopar os seguintes tipos de campos:

  • Texto simple: Apelidos, Nome, Domicilio, Localidade, eMail, DNI. Deberase limitar a lonxitude máxima ao criterio de cada un. Por exemplo, limitar o campo DNI a 9 caracteres.

  • Texto número: Móvil, C.P. Limitar a que sexan números e tamén a lonxitude.

  • Texto multiliña: Experiencia profesional e Formación.

  • Texto data: Data. Limitar a inserir a un formato de data a elixir polo alumno.

  • Menú de selección: Curso (que haxa polo menos 3 cursos a elixir) e Sexo.

  • Caixa de selección: Preferencias TIC.

  • Botón: Limpar e Imprimir. Coas accións que lle corresponde a cada botón.


O documento Scribus deberá ter dúas capas:

  • Fondo: onde se os polígonos de cor cián e os fondos dos botóns inferiores.

  • Formulario: Onde se colocarán todas as etiquetas e campos do formulario


Se se quere evitar que salten os erros de de campos baleiros no Verificador Pré-voo, chega con inserir un espazo en branco en cada campo a través do Editor de texto (Ctrl+T).

Exportar a versión PDF 1.5.

Gardar o documento con nome act3obri_apelido1_apelido2_nome.sla (cambiando claro está apelido1 polo voso primeiro apelido, apelido2 polo voso segundo apelido e nome polo voso nome). Importante que leve o nome tal como se indica.

Finalmente anexar o ficheiro a esta actividade.

Podedes facer calquera pregunta ou comentario no cadro de texto da entrega. Non esquecerse de anexar o ficheiro act3obri_apelido1_apelido2_nome.sla.