Actividade obrigatoria: Artigo profesional para revista

Artigo sobre Scribus para unha revista

Nesta actividade trátase de crear un artigo periodístico para unha revista ou xornal. O obxectivo é lograr un resultado case profesional tal como se indica neste ficheiro pdf: artigo_scribus.pdf.

Como se pode observar, o documento ten dúas páxinas, unha portada e una segunda páxina na que continúa e remata o artigo.

A páxina ten unha disposición de Páxina única e tamaño de A4 con marxes Esquerda e Dereita de 24 mm e superior e inferior de 28 mm.

O documento Scribus ten 3 capas:

  • Fondo: onde se colocará unha imaxe de fondo ceo-nubes.jpg (con transparencia 50%), scribus_logo.png (transparencia 10%), scribus_inicio.png (só na primeira páxina)

  • Texto galego: con 4 marcos de texto, un para o título, outro para o subtítulo e outro de 3 columnas (separadas 6mm) en cada páxina. Para o das columnas, ver en Propiedades > Texto > Columnas e distancias de texto. Ligar o marco dunha páxina coa outra.

  • Imaxes: onde irán o resto de imaxes (imaxe1.png, imaxe2.png e imaxe3.png) que acoplarán ao texto das columnas de forma que este flúa ao redor das imaxes. Tamén irán as liñas verticais (estilo Cian fina) e horizontais (estilo Azul grosa).

Haberá que crear os seguintes estilos:

  • Estilos de parágrafo:

    • Título artigo: Para o título do artigo da primeira páxina na cabeceira. Texto branco, aliñamento Centrado, interliñado Automático, tipografía Liberation Sans de estilo Bold, tamaño 34 pt, con efecto Versalitas.

    • Subtitulo artigo: Para o título do artigo da primeira páxina na cabeceira. Texto branco, tipografía Liberation Sans de estilo Bold Italic, tamaño 18 pt.

    • Autor artigo: Para poñer o voso nome como autores no artigo na primeira páxina na cabeceira. Texto branco, aliñamento á Dereita, tipografía Liberation Sans de estilo Regular, tamaño 14 pt.

    • Corpo columnas: Para o texto das columnas do contido do artigo propiamente dito. Texto negro, aliñamento Xustificado, interliñado fixo de 17 pt, distancia co seguinte parágrafo de 10pt, liñas orfas e viúvas 2 liñas tanto primeiras como derradeiras, sangría de primeira liña de 8mm, tipografía Liberation Serif de estilo Regular, tamaño 10 pt.

    • Título columna: Para os títulos dentro das columnas. Texto negro, aliñamento á Esquerda, interliñado automático, Espazo por arriba de 10pt, Manter co parágrafo seguinte, Non quebrar o parágrafo, tipografía Liberation Sans de estilo Bold, tamaño 12 pt.

  • Estilos de carácter:

    • Destacado: Para destacar algunha palabra. Tipografía Liberation Serif de estilo Bold Italic, tamaño 10 pt.

    • Moi destacado: Para destacar aínda máis algunha palabra. Tipografía Liberation Serif de estilo Bold, tamaño 11 pt.

    • Pouco destacado: Para destacar levemente algunha palabra. Tipografía Liberation Serif de estilo Italic, tamaño 10 pt.

  • Estilo de liña:

    • Azul grosa: Para separa a marxe inferior de cada páxina. Cor azul (Blue), 2mm de ancho, estilo continua.

    • Cian fina: Para separa columnas. Cor cyan, 1mm de ancho, estilo descontinua (a segunda opción do despregable).

O texto debe ser guionizado.

Inserir o texto nas columnas dende o ficheiro texto_galego.txt. Recordar ligar a moldura de columnas da primeira páxina coa da segunda páxina. Unha vez incorporado o texto, aplicarlle ás dúas molduras o estilo de Corpo columnas. Logo, ir aplicando a cada parágrafo de título o estilo Título columna, e a certas palabras do contido algún dos estilos de carácter (Destacado, Moi destacado ou Pouco destacado).

Colocar as liñas cos estilos Azul grosa (horizontais) e Cian fina (verticais) na capa de Imaxes.

Moi importante: Todas as imaxes deben ser incorporadas (embebidas). Recordar que se debe facer unha a unha.

Na moldura de autor, poñer os voso nome e apelidos.

Captura actividade no Scribus

Gardar o documento con nome act2obri_apelido1_apelido2_nome.sla (cambiando claro está apelido1 polo voso primeiro apelido, apelido2 polo voso segundo apelido e nome polo voso nome). Importante que leve o nome tal como se indica.

Finalmente anexar o ficheiro a esta actividade.

Podedes facer calquera pregunta ou comentario no cadro de texto da entrega. Non esquecerse de anexar o ficheiro act2obri_apelido1_apelido2_nome.sla.