Actividade obrigatoria: Recompoñendo a interface de Scribus

Nesta actividade trátase recolocar e axustar varios elementos da interface gráfica de Scribus 1.5.2, tratando de obter a un resultado o máis parecido ao da seguinte imaxe.

Interface Scribus desexada

Os paneis que están acoplados a esquerda (Historial de accións e Esquema) e a dereita (na parte superior, o panel Propiedades, e na parte inferior, os paneis Portarretallos e Capas), pódense amosar e ocultar a través do menú Xanelas. Fixarse que ao poñer varios paneis nun mesmo sitio, aparecen unhas solapas inferiores onde se pode amosar o panel ao premer sobre a solapa correspondente.

A interface está en galego.

As medidas das regras están en cm.

A iconas dos comandos, é dicir, as barras Estándar, de Ferramentas e de Edición están nesa orde no lado máis vertical. Están ocultas a barra Ferramentas de PDF e a barra de Ver as ferramentas.

Crear unha moldura de texto (menú Inseir > Moldura de texto) e inserir dentro «Scribus 1.5.2», e o teu nome e apelidos, tal como se ve na imaxe. Como se pode ver no panel de Propiedades, na súa solapa Texto, a letra ten unha tipografía Liberation Sans de 24 pt con Espazamento de liña automático.

Finalmente, facer unha captura de imaxe e enviala en formato de imaxe (PNG ou JPEG) de forma que o nome do ficheiro teña o seguinte formato: actividade_obrigatoria_01__apelido1_apelido2_nome.png (ou .jpeg). Por suposto, cambiando «apelido1» polo teu primeiro apelido, «apelido2» polo teu segundo apelido e o «nome» polo teu nome. Tratar tamén de respectar os guións baixos no nome.

Para facer a captura de imaxe, podes empregar o tecla «Impr Pant» e logo editala cun editor de imaxes e gardala. Ou ben, empregar un programa específico de capturas de pantalla, como por exemplo, Greenshot para Microsoft Windows, Shutter para GNU/Linux ou ScreenCloud para Mac OS X.

Enviar a través desta actividade o ficheiro co nome e formato que se indicou.