O curso de formación específica de posgrao Avanzado en Orientación Laboral Aberta continúa desenvolvendo o currículo formativo específico para a formación do persoal dedicado á orientación laboral, afondando de xeito especializado e específico en aspectos relevantes do novo modelo da Orientación Laboral Aberta, actuais e de interese que permitan e adquisición de novas competencias para o desempeño do seu labor profesional nas mellores condicións posibles.

O seu desenvolvemento non só procura afianzar competencias e incorporar outras novas, senón lograr unha aplicabilidade inmediata que teña reflexo no desempeño diario das persoas que tomen parte no curso avanzado e, por extensión, nas persoas orientadas coas que traballan e nos resultados que estas acadan nos seus procesos de procura activa de emprego.

Curso cofinanciado por:

O curso de iniciación á orientación laboral aberta pretende constituírse como un primeiro achegamento para as persoas que, tendo interese potencial en desenvolver o seu futuro profesional no eido da orientación laboral, carecen do coñecemento preciso en relación aos contidos do servizo e en que consiste exactamente, cales son as competencias necesarias e que implica na práctica o seu desenvolvemento.

O seu obxectivo fundamental é o de servir como primeira aproximación aos contidos, competencias, ferramentas e metodoloxías para o desenvolvemento da orientación laboral aberta en Galicia, trasladando ás persoas participantes un coñecemento preciso sobre os recursos persoais, as metodoloxías tecnoloxías e competencias que deben traballar para poder chegar a desenvolverse neste eido de xeito profesional, servindo como paso previo ao Posgrao de Especialización en Orientación Laboral.

Curso cofinanciado por:

A posta en marcha deste Curso de Posgrao de Especialización en Orientación Laboral vai dirixido especificamente a todas aquelas persoas que están ou desexan traballar na mellora da empregabilidade e ocupabilidade da poboación galega parada ou que busca mellorar o seu posto de traballo, así como na mellora da competitividade do tecido produtivo galego na súa actividade diaria, tendo como alcance a impartición de catro de módulos nos que predominará o desenvolvemento práctico e contará cun contido metodolóxico teórico específico que se observa no ámbito da orientación laboral aberta, o novo modelo que neste ámbito está a impulsar a Consellería de Economía, Emprego e Industria no marco definido pola Carteira Común de Servizos do Sistema Nacional de Emprego, e en liña co previsto na Axenda 20 para o Emprego.

Cofinanciado por

O curso Avanzado en Orientación Laboral Aberta continúa desenvolvendo o currículo formativo específico para a formación do persoal dedicado á orientación laboral, afondando de xeito especializado e específico en aspectos relevantes do novo modelo da Orientación Laboral Aberta, actuais e de interese que permitan e adquisición de novas competencias para o desempeño do seu labor profesional nas mellores condicións posibles.