Skip available courses

Available courses

Aprende a crear e configurar os teus propios cursos dentro dunha plataforma de aprendizaxe en liña coma Moodle. Neste curso aprenderás a crear cursos e contido, configurar a páxina principal, engadir texto e actividades, crear probas ou xestionar as actividades condicionais.

Terás á túa disposición materiais en diferentes formatos (SCORM, HTML e PDF), así como vídeos explicativos que che amosarán as tarefas de configuración dun curso en Moodle.

LibreOffice incorpora programas de proceso de textos, follas de cálculo, presentacións, gráficos e base de datos. Todos eles de código aberto. LibreOffice soporta multitude de idiomas, e funciona na maioría de plataformas (Windows, Mac, GNU/Linux, ...)

Neste curso aprenderá os conceptos básicos do procesador de textos (Writer), e das presentacións (Impress).

Este curso está dirixido a formar tanto ao persoal que habitualmente traballa con software estatístico privativo, como aos non iniciados no campo dos estudos estatísticos, no manexo de R no seu ámbito gráfico RCommander, software libre de referencia neste tipo de estudos.